A Viñeta de Nando Lestón: "Que veinte años no es nada..."

En 1990, cando contaba eu con apenas 34 anos, o insigne "dictadorcillo", Manuel Fraga Iribarne, chegou a Galicia montado nalgunha que outra sentencia
franquista para facerse cargo das catro provincias galegas, ás que ben pouco lle importou nin o talante nin o currículo de quen fora ministro de Franco.
Hoxe teño 57 anos e sigo comendo do mesmo pasto. Está claro que os galegos, politicamente falando, non teñen unha dieta mui variada.
A democracia é tan democrática que ata pode caer na súa propia ditadura democrática, a de outorgar maiorías socias "absolutas"; é decir, o pobo confía con
"absoluta" certeza no "absoluto" poder, que outorga a "maioría absoluta".
E se antes non se facía apenas nada, ca maioría "absoluta", agora xa non se fai "absolutamente" nada.
Por suposto eu non son dietista,e cada un pode comer o que lle saia do "sentidiño", (este símil non é se non, para facer un paralelismo co magnífico e
culinario artigo de Nodar), pero mirando a caterva de anos que leva gobernando o PP galego e vendo como está a sanidade, a vellez, o mar, os montes os eólicos, as
pensións a asistencia social, as residencias e as aldeas e a lingua xunto ca educación escolar, cabe preguntarse que nos proporciona esta dieta endogámica, para que un ano tras outro nos vaiamos quedando cada vez máis fracos.
Vou á consulta médica para que me fagan unha analítica; unha semana máis tarde collo os resultados e estes, que non enganan, deixan entrever que non me estou
alimentando adecuadamente; o médico dime que teño que variar a miña dieta, aportarlle outros nutrientes.
Ata agora a dieta fui ésta:
- Quiroga Suárez, do 79 ao 82 (PP-UCD)
- Fernández Albor, do 82 ao 87 (PP)
- González Laxe, do 87 ao 90 (PSOE)
- Fraga Iribarne, do 90 ao 2005 (PP)
- Pérez Touriño, do 2005 ao 2009 (PSOE)
- Núñez Feijoo, do 2009 ao 2022 (PP)
- Rueda Valenzuela, do 2022 ata hoxe (PP)
Todos eles homes feitos e direitos, sobre todo direitos. Botádelle vós a conta que eu xa me perdín.
De todos xeitos, e como este país é mui fubolero, o simil tamén é axeitado, pois ata os mellores equipos contan con socios e afeccionean que corean a grito pelado, un cambio de entrenador.
E xa que os galegos son tan afeccionados do seu equipo,deberían mirar os resultados e darse conta de que un cambio de entrenador e de directiva, acostuma a sanear un sistema de xogo completamente viciado e arrogante.
Porque, se o equipo xoga mal e non hai cambios, a culpa pasa a ser do afeccionado que paga a entrada pero non esixe resultados, co pringue completo da cidade a
que representa, que neste caso, é un país enteiro.
- Nando Lestón, Artista, pintor e escultor que vive en Carnota.
A VIÑETA DE NANDO LESTÓN
NOVAS RELACIONADAS
- Taller Mar (Movimento Artístico Rural)
- “Cando ti non estás”, a colección de estampas de Caldebarcos que expón Nando Lestón
MÁIS ARTIGOS DE NANDO LESTÓN EN QPC
- Garamendi.
- Mi querida Babel
- Un novo Deus... Abalado sexa
- Madrí, rotonda de Hespaña.
- No país dos cegos o torto é o rei
- Letras
- SALVE CARNOTA.
- Entre ideoloxías anda a probe vida
- Ser pintor na Costa-Verdescente da Morte.
- Turismo global. Unha pandemia máis.
- Orxías culinarias.
- ASPAFIN, a Asociación de Pacientes do Finisterrae.
- La grande belleza... y la grande torpeza.
- Limpade... limpade vós.