![circulo-feminista-carballo]()
O pasado luns celebrouse no Casino de Carballo o primeiro encontro do círculo feminista
Unhas corenta persoas xuntáronse o pasado luns no
recén renacido Casino 1889 no primeiro dos encontros do
círculo feminista de Carballo. No encontro pariciparon principalmente mulleres de todas as idades e algún que outro representante do sector masculino.
Na reunión explicáronse os obxectivos e expectativas ao redor desta iniciativa e puxéronse en común experiencias sobre a
forma de ver e entender o feminismo, enfatizando a necesidade de crear un espazo seguro, de apoio e de irmandade. O encontro tivo tanto éxito que xa se fixou a seguinte asemblea para a primeira semana de xuño, coa intención de facer unha introdución histórica ao movemento feminista, xunto cunha aproximación á súa terminoloxía específica. Así, o pasado 22 de maio quedou sinalado xa como un día histórico para o movemento feminista de Carballo.
Novas relacionadas
Fonte