Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Novas melloras de seguridade e accesibilidade arredor do urbanismo táctico carballés

Íntegro e o Concello de Carballo lanzan unha nova campaña sobre a importancia de respectar as prazas para persoas de mobilidade reducida.
19052021 ies_parga_pondal
Accións de mellora da seguridade vial na contorna do IES Parga Pondal
Novas melloras de seguridade e accesibilidade arredor do urbanismo táctico carballés

Unha vez presentado o concepto, Carballo comeza a facer realidade o Urbanismo Táctico. Con actuacións de mellora da seguridade vial como as realidadas na contorna do CEIP Bergantiños ou do IES Parga Pondall.

Unhas accións que coiciden coa Semana Mundial das Nacións Unidas para a Seguridade Viaria, que se celebra do 17 ao 23 de maio, e que este ano ten como lema “Rúas para a vida”. Unha das liñas da campaña deste ano é a limitación á 30km/h nas rúas urbanas dun só carril, unha medida na que Carballo é pioneira, avanzando aínda máis e poñendo as zonas escolares a 20km/h.

Despois da reorganización dos accesos ao IES Isidro Parga Pondal que se levou a cabo días atrás, onte comezaba a transformación urbana arredor do CEIP Bergantiños mediante a utilización de elementos de mobiliario e pintura. “Con este sistema, se a actuación realizada funciona pode facerse permanente, mentres que se é preciso realizar cambios permite axustar o proxecto dun xeito sinxelo e económico”, explican dende o Concello.

No IES fíxose unha reordenación dos aparcamentos e delimitouse unha senda peonil dende a ponte ata o instituto, pola marxe dereita da rúa.

Pola súa parte, na contorna do CEIP Bergantiños, xa dende principios de curso, a rúa Ramón Cabanillas está pechada ao tráfico durante as horas de entrada e saída, e agora aproveitaranse novos espazos para uso peonil tanto na zona de acceso ao colexio coma na do parque infantil.

Acción de rúa coa Asociación Íntegro

campaña_aparcamentos_integro

Carballo colabora ademais con Íntegro para reactivar a acción de rúa para visibilizar a importancia de que os/as condutores/as respecten as prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida.

“Queremos simbolizar como se sente un cidadá cando lle ocupan unha praza de aparcamento e non pode aparcar. Pois a nós moitas veces pásanos o mesmo”, explicaron os representantes da asociación que se achegaron ata Carballo. Durante boa parte da mañá ocupáronse varias prazas de aparcamento da avenida do Ambulatorio con cadeiras de rodas e distintas axudas técnicas, xunto con carteis nos que podían lerse algunhas das “escusas” utilizadas con máis frecuencia polas persoas que ocupan as prazas para persoas con mobilidade reducida: “Son só 5 minutiños”, “Será só un momentiño”, “Volvo nun santiamén”, “Non teño tarxeta... pero non pasa nada, non?”, “Non sabía que aquí non podía aparcar”…

Novas relacionadas

Comentarios