1ª e 2ª FUTFEM: Cee, Dumbría e Corme pegan un salto
Descansaba o Muxía nesta 7ª xornada da 2ª Div. Fem, mentres o Tordoia segue ao seu, goleando, no alto da táboas. As nosas tiveron 3 importantes vitorias, de Cee, Dumbría e Corme, enganchando os tres boas series de resultados e afianzándose no segundo vagón.
Preocupa algo máis a Esteirana, que sumaba a súa 4ª derrota consecutiva.
Na 1ª, o Xallas caía na casa pero a temporada das de Eloy segue sendo moi positiva na nova categoría.
1ª Div. Fem, xornada 7
Xallas - Cambre (0-4)
- Xallas: Rosío, Carla, Ahinoa, Silvia, Andrea Otero, Noe, Sara, Isa, María Rial, Paula Barcia e Oli. Tamén: Valeria, Graci, Soraya, Yaiza, Daniela.
- Goles: 0-1, m.69: Paula Sánchez; 0-2, m.76: Lucía Conde; 0-3, m.83: Lorena Filloy; 0-4, m.86: Paula Sieira.
Saíron ben metidas no partido as xalleiras, intentando buscar ás costas dunha defensa adiantada. E aí puido caer o primeiro, cun Oli que fixo dous bos tiros dende a fronta, e un latigazo de Isa que rozou o pau. Tamén tivo na primeira a balñon parado varios córners perigosos, se ben Rosío tivo tamén que empregarse para safar unha chegada das cambresas nos primeiros 45 minutos.
Na segunda no cambiaba o guión e as mellores ocasións eran das verdes, como unha de Isa, na que a xogadora se lesiona. Pouco despois chegaría o primeiro gol visitante, tras unha xogada por banda. Adiantaban liñas as de Eloy, pero nun córner (no que a xogadora quitar o banderín) chega o segundo, un duro pau para as xalleiras que saen do partido.
2ª Div. Fem., xornada 6
Bergantiños B - Esteirana (6-1)
- Esteirana: Marux, Tobío, Nerea, Lara, Nuria, Sara, Marta Piñeiro, Melania, Sandra Dosil, Bárbara e Rut. Tamén: Uxía, Alicia e Lidia.
- Goles: 1-0, m.3: Arancha, 2-0, m.7: Julia; 3-0, m.10: en propia; 3-1, m.23: Rut; 4-1, m.35: Carmen; 5-1, m.44: María Tojo; 5-1, m.56: María Tojo.
Xornada para olvidar do equipo blaugrana, que non entrou no partido en ningún momento, e que xa no minuto 10 ían con un 3-0 que castigaba a súa relaxación inicial. A pesar de estar Fran Figueroa na bancada pola expulsión da semana pasada, o equipo parecía que reaccionaba e Rut daba conta da presenza das esteirás en campo rival neste treito do partido. Pero seguían sen gañar os duelos, e as carballesas aproveitaron os espazos atrás e sentenciaron antes do descanso.
”Tocará resetear para cambiar a dinámica e afrontar os vindeiros duelos ca competitividade que viñamos mostrando e non apareceu neste duelo en ningún momento”, valora o adestrador.
Eirís - Cee (2-4)
- Cee: Valeria, Lurs, Cris, Ramos, Sabela, Laura, Lucía Martínez, Saray Duarte, Sharay Caamaño, Naiara Vázquez e Nayara Casais. Tamén: Noemi, Cari, Caamaño, Gala e Aroa.
- Goles: 1-0, m.21: Sara; 1-1, m.44: Naiara Vázquez de penalti; 1-2, m.54: Martínez; 1-3, m.71: Naiara Vázquez; 2-3, m.74: Sara; 2-4, m.81: Naiara Vázquez.
Vitoria moi traballada no novo campo de Lamadosa-Eirís, ante un conxunto que chegaba cos mesmos puntos que as de Rafa. Foi o partido de Naiara Vázquez, que facía os seus primeiros tantos da temporada con este triplete que vale tres puntos.
Empezaron as visitantes algo desordenadas, e nun rexeite as herculinas marcan un golazo dende fóra do área. Non chegaa con claridade o cadro ceense ata que ao fío do descanso, nunha chegada por parte de Ramos cando ía acabar a primeira parte fanlle penalti e marca Nai por toda a escuadra.
Na segunda parte saíron moi enchufadas as de Rafa e marcaría Martínez para adiantarse no marcador. Seguiron moi firmes e intensas, e repite a Nai tras unha boa xogada colectiva. Nun momento de desconexión recortan distancias cun gol de cabeza, pero xa faría Nai o 4-2 definitivo, permitindo que as ceenses sigan recuperando boas sensacións.
Dumbría - Cul. Maniños (5-1)
- Dumbría: Lucía Martínez, Adriana, Carla Recarey, Yaiza, Laura, Yoli, Sabela, Alba, Elba, Paula Fandiño, Carla Lago. Tamén: Lissette, Lara Arias, Ali, Claudia Cundíns e Lara Villar.
- Goles: 1-0, m.10: Carla Lago; 2-0, m.22: Carla Lago; 2-1, m.27: Lucía Montero; 3-1, m.38: Carla Lago; 4-1, m.61: Adriana; 5-1, m.70: Carla Recarey.
Cuarta vitoria consecutiva e quinto partido sen perder das de Santi Lira, que colleron xa a velocidade de cruceiro e seguen afianzadas nese segundo vagón da categoría. As dumbriesas souberon dominar o xogo con balón desde o principio, creando chegadas de perigo, contra un rival que esperou ordenado no seu campo ben organizado. Por un momento parecía que as locais ían volver precipitarse, pero conseguiron manter a clama e xerar os espazos necesarios, así chegarían os dous primeiros goles.
Cando parecía que o partido estaba controlado, nun erro nun pase atrás, as visitantes recortaban distancias pero non perderon a cordura as locais, que con sangue frío, seguiron xerando os espazos e volvendo marcar por medio de Carla Lago, o seu triplete, antes do descanso.
Tralo paso polos vestuarios o equipo saíu coa intención de dormir o partido e matalo en canto puidese, e así foi, chegarían os goles de Adriana e de Carla Racarey, desde ese momento e tras quedar o maniños con 10 xogadoras tras unha lesión o ritmo do partido iría a menos esperando que rematara o partido.
Brexo Lema - Corme (0-2)
- Corme: Lucía; Saskia, Laura, Lucía; Zeltia, Olalla, Ana, Natalia; Carla (Candela), Claudia, Cris. Tamén: Salomé e Carla Vázquez.
- Goles: 0-1, m.83: Saskia; 0-2, m.92: Claudia.
Recuperaba á última das lesionadas, Saskia, o cadro de Rubén e o equipo o nota, tanto no xogo como nos resultados. As locais imprimían un ritmo alto dende o comezo, impedindo saír co balón ás cormelás, gañando duelos, e apretando. Pouco a pouco, co paso dos minutos as azulonas ían dominando máis o partido.
Xa na segunda, con máis calma e confianza, as visitantes dominaban cda vez máis, facendo os mellores minutos da temporada. Apoiadas por unha bancada cormelá sempre empurrando, a pesar de ser domingo as 19:00h e lonxe da casa, as de Rubén foron envorcando o campo cada vez máis, ata que rompeou nos últimos minutos cos tantos de Saskia e Claudia, sumando a terceira vitoria consecutiva e xa colocándose na zona noble.
Crónicas da #LigadaCostaFEM
- X.3: Xornada a medias moi igualada.
- X.2: Corcubión e Camariñas, un paso por diante.
- X.1: Comezou a rodar o balón.
Crónicas da 1ª e 2ª Div.
- X.5: No pelotón.
- X.4: Muxía e Tordoia presentan candidaturas<7a>.
- X.3: O Muxía mete medo.
- X.2: O Corme superou ao Dumbría nun partido máis igualado do que sinala o marcador.
- X.1: 1ª e 2ª FUTFEM: O Muxía presenta credenciais.