Domingo. 22.05.2022
El tiempo

Novo apoio provincial para manter activa a Unidade de Condutas Aditivas de Carballo

Evencio Ferrero con Valentin Gonzalez Formoso
Evencio Ferrero con Valentin Gonzalez Formoso
Novo apoio provincial para manter activa a Unidade de Condutas Aditivas de Carballo

Imprescindible a labor Unidade de Condutas Aditivas (UCA) de Carballo. O ano pasado atendeu máis de 450 persoas, (dos Concellos de Camariñas, Fisterra, Malpica, Cee, Laracha, Muxía, Ponteceso, Coristanco, Laxe, Cabana, Vimianzo, Zas, Corcubión e Dumbría) axudándoas a abandoar os hábitos tóxicos. 

De aí a importancia, ante a pasividade da Xunta, do apoio da Deputación da Coruña, que contribuirá este ano con 30.000 euros para seguir ofrecendo servizos de tratamento e prevención de consumo de drogas, alcohol e tabaco; de adicións comportamentais coma a ludopatía ou adicción a novas tecnoloxías. Asimismo,  ofrece atención pisquiátrica e psicolóxica,  incorporación social personalizada para os e as usuarios/as, actividades de investigación, docencia e coordinación con outros servizos sanitarios e sociais coma centros de saúde, centros penitenciarios ou o servizo de Psiquiatría do CHUAC.

No seu cadro de persoal conta con médico, enfermeira, psicóloga, traballadora social e persoal administrativo para prestar unha atención integral aos usuarios e usuarias, tanto no eido médico coma no psicolóxico e social.

comentarios