Aberto o prazo de matriculación para o novo curso de Cociña de 828 horas no Fórum Carballo
O Centro Municipal de Formación, xestionado pola Concellaría de Innovación, Fondos europeos, Formación, Emprego e Axenda urbana, aposta pola formación dos mellores profesionais para unha profesión con tanta saída laboral coma cociña. Este mes de novembro poremos en marcha un curso desta especialidade, e aínda hai a posibilidade de participar.
O curso de cociña, de 828 horas de duración, impartirase de luns a venres en horario de 09.00 a 14.00. O curso é de nivel II, polo que para poder acceder como alumno/a é preciso cumprir algún destes requisitos:
- ESO
- Certificado de profesioanalidade de nivel II de calquera familia
- Certificado de profesionalidade de nivel I da mesma familia e área profesional
- Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou ben superar as correpondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas
- Proba superada de acceso a universidade para maiores de 25 anos e ou de 45
- Superadas as competencias clave de nivel II
As persoas interesadas deben acudir á oficina de emprego para inscribirse, pero se precisan calquera información adicional poden dirixirse ás oficinas municipais do segundo andar do Fórum Carballo ou chamar aos números de teléfono 981 709 010 / 981 709 011.