martes. 11.11.2025
El tiempo

Novo paso para a construción 73 vivendas de promoción pública en Carballo

Vivenda Publica Carballo
Imaxe do acto do pasado verán
Novo paso para a construción 73 vivendas de promoción pública en Carballo

Este verán o Concello de Carballo anunciaba a cesión dunha parcela detrás do Centro Comercial Bergantiños para que a Xunta de Galicia puidese comezar o proceso para a construción de 73 novas vivendas.

Onte, o Consello de Administración da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal) deu un paso máis, autorizando a adxudicación dos contratos de redacción de proxecto e dirección de obra para a construción de 378 novas vivendas de promoción pública (VPP) nos concellos de Lugo, Ferrol, Ames e Carballo.

Entre elas, a adxudicación á AM2 – RYR UTE, do contrato de servizo de redacción do proxecto básico e de execución e dirección de obra para a construción 73 VPP na parcela sita na R/Médico JM Lado, 18-N2-20, unha das parcelas que hai detrás do O Importe da adxudicación será de 429.550 euros.

O investimento total estimado que fará a Xunta de Galicia nesta actuación é de 14 M€. A Xunta abordará a construción destes novos fogares a través da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia.

Comentarios