Luns. 29.04.2024
El tiempo

Novos cursos de soldadura e cociña no Fórum Carballo

Novos cursos de soldadura e cociña no Fórum Carballo

O Centro Municipal de Formación, volve lanzar unha proposta formativa para dúas profesións con gran saída laboral: soldadura e cociña. O 2 de novembro porán en marcha sendos cursos de nivel II (cómpre ter a ESO ou certificado de profesionalidade I...)

  • COCIÑA con 828 horas (02/11/2023-20/06/2024, en horario de 9.00 a 14.00) 
  • SOLDADURA CON ELECTRODO E TIG con 758 horas (02/11/2023 - 06/05/2024 en horario de 8.30 a 14.30) 

As persoas interesadas deben acudir á oficina de emprego para inscribirse, pero se precisades calquera información adicional podedes dirixirvos ás oficinas municipais do segundo andar do Fórum Carballo ou chamar aos números de teléfono 981 709 010 / 981 709 011. 

Comentarios