Domingo. 28.04.2024
El tiempo

O Espiral Maior Foro reflexiona, con protagonistas, sobre o estado de saúde da arte local

Debate artistico no Espiral Maior Doro
O Espiral Maior Foro reflexiona, con protagonistas, sobre o estado de saúde da arte local

Interesante xornada de reflexión este xoves 22 de xuño, ás 20.00 h., no espazo cultural Espiral Maior Foro de Carballo (Rúa do Sol, 34). O espazo cultural acollerá unha tertulia/debate sobre o “Presente e futuro da creación artística”. Participarán no acto a muralista Isa Bermúdez, a fotógrafa Sara Costas, o músico
Jaime Regueiro, o pintor Tucho Caamaño, o sociólogo Santiago Pazos e o escritor e director de Espiral Maior Foro Miguel Anxo Fernán Vello.

"Trátase de levar a cabo unha reflexión, dende diferentes perspectivas, sobre o estado actual da creación artística nas súas diversas expresións, dende a relación co público e coas institucións, a educación artística das novas xeracións ou, entre outros temas, a influencia que pode ter a denominada Intelixencia Artificial (IA) nas Artes Plásticas", explica Fernán Vello, que lembra o éxito de iniciativas como a exposición “Entrecores” do pintor carballés Tucho Caamaño, que foi visitada por máis de 400 persoas e que permanecerá aberta até o 10 de xullo.

Comentarios