Domingo. 01.11.2020
El tiempo

As obras de Berdillo completan un plan de case 3 millóns de euros en saneamento

Evencio Ferrero e Milagros Lantes revisando unhas das obras de saneamento en execución
Evencio Ferrero e Milagros Lantes revisando unhas das obras de saneamento en execución
As obras de Berdillo completan un plan de case 3 millóns de euros en saneamento

Continúa en marcha o plan de case 3millóns de euros para mellorar a rede de saneamento de Carballo. A última obra en proceso de licitación (está aberto o prazo para presentar ofertas ata o 27 de outubro), cun investimento de 275.000 euros, servirá para mellorar as redes de abastecemento e saneamento de 32 vivendas nos lugares do Curro, Aseñado, A Chavella, O Alto e A Redonda, na parroquia de Berdillo.

Máis de 2,5 millóns de euros en marcha

A día de hoxe hai 2,5 millóns en marcha en obras de saneamento.

En execución están as de Abastecemento de auga ás parroquias de Oza e Razo (1,2 millóns por parte de Vázquez y Reino); o Saneamento de Taboada e A Granxa (Entrecruces), (por 231.080,81 euros da man da empresa Excavaciones y Obras Candal) e o Saneamentos en Lema, Oza e Razo (por 188.881 euros, tamén a cargo de Vázquez y Reino).

Adxudicadas están os traballos, que comezarán en breve a rede de Saneamento de 3km en A Piña-Evas (Sofán) (170.731 euros por parte de Vázquez y Reino); o saneamentos en Betrís e Ribeira (Rus) (81.191 euros a Vázquez y Reino) e o Saneamento dos lugares de Altiboa, Vilarvello, O Alto, Vilanova e Baltar (Artes) (199.884,67 euros, tamén para Vázquez y Reino).

E nos próximos días serán adxudicadas, tras a reunión da mesa de contratación a Ampliación das redes de saneamento e abastecemento no lugar de Vella Morta (por 125.400,09 euros) e o Abastecemento de auga dende Santa María de Ardaña ata Canosa (Rus) (323.203,69 euros).

Novas relacionadas

comentarios