Luns. 29.04.2024
El tiempo

Usuari@s de Afaber, Aspaber, APEM e Íntegro disfrutaron das Olimpíadas Diversiforum

Olimpíadas Diversiforum Carballo 2
Usuari@s de Afaber, Aspaber, APEM e Íntegro disfrutaron das Olimpíadas Diversiforum

En deportistas olímpicos convertíronse este xoves os usuarios e usuarias de Afaber, Aspaber, APEM e Íntegro, que, acompañados dos técnicos e coidadores, se achegaron ao Forum Carballo para participar nas Olimpíadas Diversiforum, unha iniciativa do obradoiro de emprego Fórum Dual coordinada polo alumnado de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, e na que participaron catro entidades sociais que desenvolven a súa actividade no noso concello.


A entrega de medallas aos gañadores, e de agasallos para todas as persoas participantes puxo fin á competición deportiva, pero aínda os agardaba unha recompensa máis: uns deliciosos petiscos elaborados polo alumnado do curso de cociña.

Olimpíadas Diversiforum Carballo 1

Olimpíadas Diversiforum Carballo 4

Comentarios