Luns. 09.09.2024
El tiempo

Os hostaleiros fixan as datas para a quinta edición do Carballo por Etapas

Os hostaleiros fixan as datas para a quinta edición do Carballo por Etapas
carballo-por-etapas-2017 carballo-por-etapas-2017 Xa está en marcha a quinta edición de Carballo por Etapas que arranca o vindeiro 26 de maio. Así que o concello de Carballo, organizador do evento xunto con Axober, xa está a traballar co sector da hostalaría nos preparativos para a popular ruta de tapas. Doce empresarios e empresarias do sector asistiron á primeira xuntanza, na que se fixou a celebración da ruta para a última fin de semana de maio e a primeira de xuño. Coma nos anos anteriores, o horario de Carballo por Etapas será de 20 a 22 horas os venres, e tanto o sábado coma o domingo ampliarase tamén ao mediodía, de 12 a 14 horas. Os clientes dos locais participantes recibirán con cada tapa un boleto co que poderán conseguir premios instantáneos. As tapas custarán 1,5 euros, igual que na pasada edición. A primeira fin de semana, coa colaboración de Calvo Conservas, o produto estrela será o atún, mentres que a segunda estará dedicada aos produtos de Bergantiños. Carballo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios