Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Padroado Fogar de Bergantiños entregou os seus premios anunais máis carballeses

Galardos cos Premios do Padroado Fogar de Bergantinos
O Padroado Fogar de Bergantiños entregou os seus premios anunais máis carballeses

Tivo lugar onte a entrega dun dos premios máis singulares da Costa da Morte, a Gala dos galardóns de Carballés, Bergantiñán e Galego do Ano 2017, que outorga o Padroado Fogar de Bergantiños. Prremios naceron pola iniciativa da Revista carballesa Mensaxe de Bergantiños no ano 1978, cando a redacción da mesma acordou instaurar estes galardóns para poñer en valor o esforzo de diversas persoas  e entidades que traballasen polo desenvolvemento nos diferentes campos en Carballo, Bergantiños, Galicia, España e Internacionalmente.

Este ano ademais foron máis carballeses que nunca, pois o premio ao Galego do Ano foi entregado ao FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro), un dos festivais teatrais españois con máis tradición e renome que se celebra desde hai 25 anos en Carballo.

O Festival Internacional Outono de Teatro celébrase en Carballo desde o ano 1992. Está organizado pola Asociación Cultural Telón e Aparte, coa colaboración do Concello de Carballo, e dirixido por Alberto Sueiro. Atrae a máis de dez mil participantes cada ano no mes de outubro. Ovidio Rodeiro destacou que durante este festival, que dura un mes enteiro, “Carballo convértese na capital das artes escénicas de Galicia, con máis dunha trintena de obras e máis de cen actividades programadas, o FIOT busca visibilizar tanto compañías de referencia como creadores emerxentes”.

Ademais foron recoñecidos como Carballés do Ano, as Escolas de Fútbol Luís Calvo que nacen no ano 2001 co obxectivo de promover a práctica do fútbol e o fútbol sala nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín. A súa escola reúne cada ano a centos de mozos e mozas arredor estes deportes. Desde o ano 2005, organizan o “Torneo Internacional de Fútbol-7 Concello de Carballo”, que xa ten reunido aos clubs de maior nivel galego, estatal e internacional, e goza de recoñecemento no ámbito estatal por ser un dos mellores torneos na súa modalidade.

Finalmente, recolleu o galardón de Bergantiñán do Ano, Aloumiños (Asociación de Persoas con Necesidades Especificas da Costa da Morte), pola labor desenrolada ao longo destes anos na integración de nenos con necesidades especiais, e na formación de pais así como a participación na organización de actividades como o "Camiño dos faros inclusivo”.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios