Xoves. 25.04.2024
El tiempo

As pandereiteiras toman o mando

Somos Pandeireteiras © Vanessa Rábade 26 copia
Así foi a presentación de Somos Pandeireteiras. Fotos: Vanessa Rábade
As pandereiteiras toman o mando

Esta mañá de luns viu a luz un novo proxecto dinamizador do tecido cultural bergantiñán. Unha iniciativa que pon o foco nas músicas e tocadoras, esas bravas mulleres da comarca de Bergantiños que utilizan a tradición como eixe da transmisión cultural entre xeracións.

”Somos pandeireiteiras” nace da man da mitica Mercedes Peón, apoiándose na experiencia e sabedoria das pandeireteiras da Asociación Cultural Rosalía de Castro (Padrón), da man de Ana Fernández, Raigañas de Cerqueda (Malpica) con Mar da Bouzas e Xirifeiras (Fene), coa presencia de Gisela Sanmartín.

Se ben o grupo xa traballa conxuntamente dende este verán, este luns tivo lugar a presentación oficial en Carballo, unha das entidades que, xunto á Deputación, colabora neste proxecto que trata “vivir a música dende a sororidade”. Unha presentación encadrada do programa do #25N carballés, cargada de emocións.

A seguinte parada será o domingo 19 de decembro o colectivo organizará en Carballo unha xornada pública de encontro, aberta á veciñanza, no Pazo da Cultura. A xornada, de inscrición gratuíta a través do sitio web www.somospandeireteiras.gal, contará cunha serie de conversas e mesas de traballo para reflexionar arredor da situación das tocadoras, con xentes como a xornalista Selina Otero, Carmen de Lema, Ermitas do Ánxelo ou Icía Varela.

Ademais, tamén estan formulados unha serie de obradoiros polos centros educativos da provincia para achegar ás xeracións máis novas o valor da pandeireta á hora da transmisión musical e goce da vida en comunidade.

20211122 Somos Pandeireteiras © Vanessa Rábade 8 copiaSomos Pandeireteiras © Vanessa Rábade 6 copiaSomos Pandeireteiras © Vanessa Rábade 31 copia
Fotos de Vanessa Rábade

Novas do 25N

Comentarios