Mércores. 01.05.2024
El tiempo

#25N en Carballo: Unhas xornadas de formación para profesionais

xornada_profesionais_25N
#25N en Carballo: Unhas xornadas de formación para profesionais

Dentro do programa de actividades deseñado pola Concellaría de Igualdade arredor do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o martes 30 celebraranse no Fórum Carballo unhas xornadas para profesionais nas que se abordará a violencia de xénero dende diferentes puntos de vista. A iniciativa vai especialmente dirixida a traballadores/as da sanidade, a docencia, as forzas de seguridade, a xustiza, os servizos sociais, entre outras e outros profesionais que traballan con vítimas de violencia de xénero.

As xornadas arrincan ás 9:15h, e haberá varios puntos de vista: a da vítima, da que se encargará Marina Marroquí, experta en violencia de xénero e presidenta de AIVIG (Asociación ilicitana contra a violencia de xénero), centrará boa parte da mañá, dende as 09.30 ata o descanso das 11.30. A súa testemuña será impactante.

Para as 12.00 horas está prevista a presentación das Quendas de atención psicolóxica e social as vítimas de violencia de xénero de Galicia a cargo dos seus coordinadores, Rubén Villar Trenco e Nerea Fernández Gómez.

O último relatorio da mañá correrá a cargo de Beatriz Núñez Vázquez, abogada e vogal da Subcomisión de violencia sobre a muller do Consello Xeral da Avogacía Española, que dará a coñecer as novidades sobre a asistencia letrada ás vítimas de violencia de xénero.

A concelleira de Igualdade, Maica Ures, pechará a xornada ás 14.30 horas.

Podes inscribirte Inscríbete neste formulario

O Comercio local tamén conta

Leva anos o Concello unindo o comercio como aliado para espallar a mensaxe. A máis coñecida é a campaña “Carballo en negro”, que xa está afianzada entre a veciñanza.

Dando un paso adiante, este ano, o Concello lanza unha nova liña: “En que punto estás contra a violencia de xénero?”.

Haberá varias actividades destinadas a distintos públicos para identificar violencias das que en moitas ocasións nin as vítimas son conscientes.

Os comercios poden unirse utilizando a cor morada para a decoración dos escaparates como mínimo dende o 22 ata o 30 de novembro, e avisando ao [email protected] para recibir material promocional, como xa fixeron máis de 60 establecimentos.

Novas do 25N

Comentarios