Paráugate, a pioneira iniciativa de paraugas públicos de Carballo


É o paraugas un dos emblemas do país, sen dúbida. Non o saques en pleno tempora, pero tendo en conta a climatoloxía galega, o paraugas aparece como símbolo de unidade, convidando a colaborar a todos nunha actitude de veciñanza e convivencia cidadá. E de aí nace a nova proposta do Concello de Carballo, baixo o lema "Paraúgate!”, unha proposta para compartir, mobilizar e unir a carballeses e visitantes.
Trátase da primeira vila galega (serán máis as que o promovan nun futuro cercano) en ofrecer este servizo, como se fose o das bicis municipais das grandes vilas galegas, pero falando de paraugas, de modo que cada veciño pode coller o paraugas libremente do espazo público no que se atope, sendo consciente de que está facendo uso dun servizo público e que cando deixe de usalo debe deixalo de novo para que o use outra persoa.
Todo cun claro obxectivo, segundo explica o Concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira, é "xerar unha dinámica social que convide a coñecer os nosos comercios e servizos" e "animar á xente a que participe do comercio”. I é que a dinamización da rede de comercios é básica neste proxecto, ademais de promover a mobilidade, facilitando e convidando a camiñar polas rúas de Carballo; participar na proxección dunha cidade máis humanizada e moderna; captar e estimular a afluencia dos consumidores a través da súa mobilidade; e aumentar a presenza dos cidadáns nas rúas para activar a vida da vila.
Os paraugas para libre uso nas rúas de Carballo entregaranse nos comercios, establecementos, cafeterías e restaurantes que así o soliciten. Poden facelo no enderezo electrónico