Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Parque comercial e de ocio A Revolta, “do melloriño que hai en toda Europa”

Obras do Parque de Ocio A Revolta en Carballo setembro 22
Así están este setembro as obras do Parque comercial
O Parque comercial e de ocio A Revolta, “do melloriño que hai en toda Europa”

Avanzan a bo ritmo as obras do Parque comercial e de ocio A Revolta. Non poderá ser antes deste Nadal como perfilaban hai 2 anos, pero si esperan que as súas portas estean abertas antes do verán de 2023.

Os promotores defíneno como un “parque comercial híbrido, aberto e de proximidade, onde as medianas superficies conviven cunha ampla oferta de ocio e pequenos locais destinados a actividades comerciais cotiás como telefonía, moda, calzado, complementos…. tanto de primeiro nivel internacional como de emprendedores locais”, explican.

Consideran que a localización é inmellorable, tendo en conta unha área de influencia de 135.000 habitantes, moi enfocado non só a comarca bergantiñá, senón tamén ás xentes de Xallas, Soneira ou Fisterra, que adoitan facer máis quilómetros para ir ao Marineda.

O espazo contará cun Mercadona, que fará de tenda de referencia e atracción; a marca deportiva Decathlon; o IKEA danés JYSK; a TiendAnimal; a tenda alemá de multiproduto con descontos TEDi; a marca internacional de deportes Sprinter; a tenda de calzado Merkal ou PEPCO, o Primark polaco.
Ademais, hai 7 locais á disposición das emprendedores locais, con alugueiros durante o primeiro ano de 3 euros o metro cadrado.

Un dos grandes reclamos do Parque será “a maior terraza da zona”, cuberta e climatizada, que pretende convertirse “na praza do pueblo”, fomentando a “socialización”.

As zonas de ocio, pensadas tamén para o público familiar e infantil, estará complementada con varios espazos de restauración (dende un McDonalds ata un espazo de cociña tradiconal); ou unha estación de servizo promovida pola empresa carballesa Galibértoa, que dará servizo baixo a bandeira Valcarce, contando con electrolinera para ata 10 vehículos.

A Revolta Parque Comercial Carballo imaxe 3d
Simulación 3D do Parque

En Cifras

Estas son as cifras que os promotores aseguran que implica o proxecto:

  • Investimento previsto: 21,6 millóns de euros.
  • Superficie da parcela bruta: 46.804 m2.
  • Zonas verdes: 7.656 m2.
  • Emprego directo xerado durante a fase de construción: 302.
  • Emprego indirecto xerado durante a fase de construción: 445.
  • Empregos directos na fase de explotación: 202.
  • Empregos indirectos na fase de explotación: 283.
  • 378 prazas de aparcamento privadas e 71 públicas.

Novas relacionadas

Comentarios