mércores. 04.12.2024
El tiempo

Un Paso Máis organiza a segunda sesión de cine familiar inclusivo e adaptado

Cine inclusivo Un Paso máis
Cine inclusivo Un Paso máis
Un Paso Máis organiza a segunda sesión de cine familiar inclusivo e adaptado

O vindeiro sábado 14 de decembro ás 11:00 horas, a Asociación Un paso áis ofrecerá unha emocionante sesión de cine familiar nos Cines Bergantiños de Carballo. Trátase dunha iniciativa gratuíta e exclusiva para @s soci@s da asociación e as súas unidades familiares.

A sesión (a 2º que organizamos) contará cunha adaptación especial en canto a luces e volume para garantir que todas as persoas, independentemente das súas necesidades, poidan gozar plenamente da experiencia cinematográfica. Ademais, o ambiente estará deseñado para permitir a libre mobilidade dos máis pequenos, que poderán entrar e saír da sala tantas veces como precisen durante a proxección.

A película escollida para esta ocasión será "Vaiana 2", unha divertida e emocionante aventura de animación apta para todas as idades.

Con todo, as prazas son limitadas: só hai 60 dispoñibles. Por iso, animan ás familias interesadas a confirmar canto antes a súa asistencia e a reservar unicamente o número de asentos que realmente vaian utilizar, asegurando así que máis persoas poidan gozar desta experiencia única.

Para inscribirse e solicitar as entradas, só é necesario cubrir este cuestionario online.

Máis novas

Comentarios