venres. 07.02.2025
El tiempo

Recta final de inscricións para a xornada formativa sobre Patios Inclusivos de Un Paso Máis

Sesion formativa de Un Paso Mais
Imaxe dunha sesión formativa de Un Paso Máis
Recta final de inscricións para a xornada formativa sobre Patios Inclusivos de Un Paso Máis

O próximo sábado, 25 de xaneiro de 2025, o Edificio Fórum de Carballo converterase no epicentro da inclusión educativa coa celebración dun obradoiro innovador sobre Patios Inclusivos e Xadrez Educativo. Organizado por Un Paso Máis en colaboración co CEIP Plurilingüe A Gándara-Sofán, o IES Parga Pondal e a Universidade de Vigo, esta xornada está especialmente deseñada para docentes, pero tamén está aberta a familias e profesionais que traballen con nenos e nenas, particularmente con escolares con TEA, TDAH e outras necesidades educativas específicas.

Programa Patios Inclusivos Un Paso máis

A inscrición é gratuíta e non é obrigatorio asistir a ambas sesións; pódese escoller a que mellor se adapte ás necesidades de cada persoa. Para participar, é preciso rexistrarse previamente en www.unpasomais.org.

Este evento ofrece unha oportunidade única para descubrir como transformar os patios escolares en espazos verdadeiramente inclusivos e aproveitar o potencial educativo do xadrez, unha ferramenta avalada por organismos como a UNESCO. Ademais, será o punto de partida dun convenio de colaboración entre Un Paso Máis e a Universidade de Vigo, que busca fomentar a formación práctica e a inserción laboral do estudantado universitario.

A entidade tivo que pechar a inscrición para a charla de Carracedo porque se cubriron todas as prazas.

Comentarios