Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O Pedibús encende o motor para seguir levando as nen@s aos coles de Carballo andando

O propio alumnado pintou as marcas do Pedibús ou Camiño Escolar os pasados anos
O Pedibús encende o motor para seguir levando as nen@s aos coles de Carballo andando

Ir a pé ao cole é saudable, sostible, fomenta a autonomía infantil, as relacións sociais e ademais é moi divertido. Toda unha aventura a que vive diariamente o alumnado que cada ano se despraza ao seu centro de ensino a pé, utilizando a fermosa iniciativa do Pedibús. Un grupo de nen@s, supervisado por algúns maiores, que percorre as rúas e vai recollendo ás crianzas, ata chegar ao cole.

Esta semana a Concellaría de Mobilidade realizou a primeira xuntanza de coordinación un novo curso para os camiños escolares. Xa van 6 anos os que leva a inciativa en marcha nos colexios Fogar, Bergantiños e A Cristina. Este curso podería ser o da integración do CEIP Xesús San Luís Romero, unha vez que despois das obras realizadas na contorna xa é máis accesible e que o será moito máis en canto rematen as que están en marcha na zona da Milagrosa.

Nesta primeira xuntanza quedaron en realizar varias accións nas vindeiras semanas, como a sinalización das rutas por parte dos propios escolares coincidindo coa Semana Europea da Mobilidade, encontros coas asociacións de nais e pais e os equipos directivos dos colexios, reparto de folletos informativos e actividades lúdico-formativas relacionadas coa mobilidade sostible.

Rutas e horarios dos Camiños Escolarescamino-escolar-carballo-Pedibus

Podes contactar coa ANPA do teu cole, preguntar no 981 704 700 ou en [email protected], e simplemente con achegarte a unha das paradas das 5 rutas abertas, xa recollerán á túa criatura.

Estas son as rutas:

  • CEIP Fogar:
    - Ruta 1. Saída en fronte ao Mercado Municipal ás 09.10h;
    - Ruta 2. Saída da rúa do Muíño ás 09.10h.<&li>
  • CEIP BERGANTIÑOS:
    - Saída da rúa Fábrica ás 09.30h.
  • CEIP A CRISTINA:
    - Ruta 1. Saída da Praza da Cruz Vermella ás 08.45h.
    - Ruta 2. Saída da rúa Mahón ás 08.45h.

Novas relacionadas

Comentarios