Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O "Pedibús" xa circula por Carballo

O "Pedibús" xa circula por Carballo
Pedibús bota a andar en Carballo Axentes da Policia Local, cos nenos do Pedibús en Carballo O pedibús do CEIP A Cristina botava a andar hoxe martes,  con máis de 30 pasaxeiros e pasaxeiras, xa que ademais dos 28 nenos e nenas que o utilizarán a diario para ir e volver do cole, participaban tamén un grupo de nais e pais, xunto aos axentes da Policía Local que os acompañarán durante os primeiros días de funcionamento. O obxectivo último é que os nenos e  nenas poidan ir andando sos ao colexio con total seguridade. Así, aínda que inicialmente se prevé a participación das familias, pouco a pouco se irá reducindo a presenza de adultos e a da Policía Local, que se limitará aos cruces máis perigosos. Ata chegar a ese punto queda aínda moito por andar, e por iso dous axentes da Policía Local se reunían hoxe cos nenos e nenas participantes para explicarlles o funcionamento do pedibús e unha serie de normas básicas para garantir a seguridade ao longo dos traxectos. Días atrás un grupo de nais realizaba os percorridos acompañadas por axentes da Policía Local de Carballo para determinar a duración e establecer os horarios para cada parada. Porque o pedibús, como lles explicaron esta maña de martes os axentes aos alumnos e alumnas, funciona igual que un autobús, cunha hora de saída e distintas paradas nas que se van “subindo” novos e novas pasaxeiros e pazaseiras.        

Comentarios