Venres. 04.10.2024
El tiempo

Piden que solucionen os problemas co fornezo de auga en Carballo

Piden que solucionen os problemas co fornezo de auga en Carballo

A rotura hai un par de semanas dunhas tubaxes da rede de sumidoiros, que provocaba a inundación dun garaxe na rúa da Saúde, foi a última das circustancias que se viviron na capital de Bergantiños na rede de suministro municipal de augas. Sucesos que veñen causando danos importantes en diferentes bens privados, segundo denuncia o voceiro do PP Aurelio Núñez, o cal considera “frecuente” o feito de “abrir a billa de calquera casa, deixar correr a auga e atopar pousos de todo tipo”.

Vai máis alá Núñez e considera que os casos están a “causar certa “alarma social”, incrementada despois de que varios negocios víranse obrigados a tirar comida cociñada con auga polo mal cheiro que desprendían os alimentos”.

Nese sentido, o PP carballés levará ao próximo pleno unha moción urxindo ao Concello a terminar “dunha vez por todas” cos graves problemas no fornezo da auga en Carballo.

“Unha primeira opción podería ser que o Concello botase man do canon entregado pola empresa concesionaria no momento da adxudicación dos servizos”, afirmou Núñez, quen defende que, posteriormente, “se poidan estudar outro tipo de propostas tanto económicas como técnicas”.

Fonte

  • PP de Carballo.

Comentarios