xoves. 23.01.2025
El tiempo

O carballés Víctor Cebey presenta na súa casa o libro que gañou o Premio de Poesía Avelina Valladares

victor cebey do a ao x
O carballés Víctor Cebey presenta na súa casa o libro que gañou o Premio de Poesía Avelina Valladares

Se o venres hai cita con 3 poetas, o Casino de Carballo acolle este sábado, 21 de decembro, ás 19:00 h, a presentación do poemario do A ao X, da autoría de Víctor Cebey López e publicado por Edicións Fervenza, que foi a obra gañadora do XXVIII Premio de Poesía Avelina Valladares.
No acto, o autor estará acompañado pola xestora cultural Melina Regueira Varela e a tradutora e filóloga Olivia Pena.

Víctor Cebey López (Carballo, 1989) iniciou os estudos universitarios en Química, pero acabou licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade, dedícase profesionalmente á Oncoloxía Médica.
A súa relación coas artes comezou a principios dos anos noventa no grupo de baile tradicional da Asociación Cultural San Cristovo e no eido da música foi integrante da Banda Municipal de Gaitas de Carballo e como escritor autopublicou en 2020 o libro Confina en min.

Comentarios