sábado. 18.01.2025
El tiempo

Antón Recamán, Nuria Otero e Ramón Sánchez ofrecen un recital no Casino1889

Anton Recaman Nuria Otero e Ramon Sanchez
Antón Recamán, Nuria Otero e Ramón Sánchez ofrecen un recital no Casino1889

O venres 20 de novembro ás 21:00 horas tedes unha cita coa poesía no Casino1889 da man de Antón Recamán (Cee), Nuria Otero (A Laracha) e Ramón Sánchez (Carballo), nun recital a tres bandas no que esmiolaran os mellores poemas das súas máis recentes publicacións, "Apatria", "Un mapa en mil pedazos" e "Na espiral do opérculo" respectivamente.

O acto estará conducido pola tamén escritora carballesa Margoth Costa. Haberá exemplares dos libros á venda e sinatura a cargo dos autores para quen así o desexe.

Recital Anton Recaman Nuria Otero e Ramon Sanchez.jpg

Máis novas

Comentarios