O IES Parga Ponda lembra as vítimas do Holocausto co seu podcast “Rebolondas”
11:00 28/01/21
Continúa a aposta polas ondas de radio por parte da comunidade do IES Isidro Parga Pondal. E no marco do Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto, celebrado este 27 de xaneiro, o centro carballés gravou un novo e interesante epidosio do seu podcast Rebolondas.
Un programa de historia na emisora escolar, da man dos alumnos Xosé Cameán (4º ESO) e Lola Collazo (3º ESO), que contan a historia de Xulia, Lola e Amparo Touza Domínguez, tres irmás de Ribadavia que axudaron a centos de xudeus que fuxían dos nazis.