Venres. 19.04.2024
El tiempo

A rapazada de Carballo pensa, en dixital, “A Vila do Mañá”

AVila de mana en Carballo
E 2018, a rapazada carballesa puido sentir o proxecto A Vila do Mañá
A rapazada de Carballo pensa, en dixital, “A Vila do Mañá”

Xa celebrou unha edición en Carballo e dúas en Malpica. E nin a pandemia pode con singular proxecto “A vila do mañá”. A iniciativa de Sandra González volve á capital bergantiñá. Non o fará como ano pasado, debuxando e transformando a vila en vivo, pero si o fará cun formato virtual e co mesmo desexo de implicar á infancia no deseño do Carballo do futuro.

Deste xeito, os nenos e nenas de 6 a 12 anos poderán participar nesta iniciativa ao longo das vacacións de Nadal. “Para manter a esencia das actividades créase unha caixiña cos materiais necesarios para realizar as diferentes accións que se lle proporán aos participantes a través dunha área privada na páxina web aviladomañá.com”, explica a arquitecta.

Haberá actividades que os/as participantes deberán realizar tanto dentro coma fóra da casa. Carballo converterase este Nadal nun taboleiro de xogo semellante ao do xogo da oca, pero conformado por aqueles elementos arquitectónicos, urbanísticos, paisaxísticos e culturais que configuran a nosa vila. “É importante que dende pequenos coñezamos o valor do noso hábitat para o día de mañá ser conscientes da súa valía e saber coidalo, por iso unha parte importante do proxecto é a divulgación do valor artístico e histórico onde se desenvolven os talleres, para elo créase un caderniño con estas pezas fundamentais na historia das vilas e cidades que traballamos, que terá por título nesta edición: Dálle cor a Carballo”.

O prazo de inscrición está aberto ata o 17 de decembro cubrindo un formulario que hai en www.carballo.gal.

Comentarios