Venres. 19.04.2024
El tiempo

A rapazada volveu á casa do Concello carballés

Concello-Carballo visita_ceip_acristina
A rapazada volveu á casa do Concello carballés

A primeira visita escolar dende o comezo da pandemia á Casa do Concello de Carballo celebrouse este pasado venres. Foron un grupo de 3º de Primaria do CEIP A Cristina os que celebraron un pleno co alcalde e co concelleiro de Obras e Servizos, continuando o seu proceso electoral realizado na aula.

Viñan cargadas de preguntas, pero o asunto máis importante é a presenza de excrementos de cans nas rúas e nos parques. Os responsables municipais explicáronlles que dende o Concello de Carballo aínda comezaron hai pouco unha campañas de sensibilización veciñal.

Despois de case unha hora de conversa, os escolares saíron do salón de sesións con cadansúa mochila con información medioambiental e algúns agasallos, e dende alí foron percorrendo o edificio ata chegar á oficina de tramitación do DNI e o pasaporte que ten a Policía Nacional na planta baixa do edificio. Tamén pararon na Policía Local, unha das visitas favoritas.

Esperan dende o consistorio que o resto de colexios se animen a achegarse.

Comentarios