Martes. 08.10.2024
El tiempo

Rematou superando espectativas a primeira fase de constitución dos 17 Consellos Parroquiais de Carballo

Rematou superando espectativas a primeira fase de constitución dos 17 Consellos Parroquiais de Carballo
consello-parroquial-de-vilela-carballo

Moito nos gusta este proxecto pioneiro de participación cidadá de Carballo. Un proxecto que xa pechou a súa primeira fase, cos 17 Consellos Parroquiais constituídos, un por parroquia. O último, o de Vilela (o de Bértoa arrincaba pola semana), aberto o pasado venres. 26 veciños uníronse ao Consello, sendo xa o segundo máis numeroso tralo de Verdillo. Vilela demostrou o poder que teñen e poden chegar a ter as asociacións, pois 20 dos integrantes do consello son representantes de entidades.

Esta primeira fase superou as mellores espectativas, sendo xa arredor de 300 as persoas que están a participar dalgún xeito da xestión municipal.

A partir de agora o proceso entra nunha nova fase. Agora son os representantes veciñais os que están a organizarse de cara á celebración das primeiras reunións dos Consellos Parroquiais con propostas xa concretas. Todos os consellos acordaron manter xuntanzas ordinarias cada catro meses, de xeito que as primeiras celebraranse entre febreiro e abril do vindeiro ano. De todos os xeitos, os Consellos Parroquiais continúa abertos ás persoas e/ou entidades que queiran sumarse, que poden obter máis información no teléfono 608 201 251 e o enderezo electrónico [email protected].

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios