Renovado o paseo de madeira de Razo
08:15 12/01/23
Rematados, tras 4 meses, os traballos de substitución da pasarela e das ramplas de madeirado paseo da praia. As obras foron adxudicadas en xullo á empresa Jardinería Arce por 164.064,57 euros.
A pasarela de madeira da praia de Razo foi construída entre os anos 2003 e 2005, e case vinte anos despois precisaba a reforma integral.
Nos vindeiros meses tamén está previsto acometer a reforma integral do parque infantil, que conta xa con consignación orzamentaria, e na que investiremos 146.125,14 euros.