Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Segunda fornada de prácticas de obradoiro dual de emprego Carballo Coida

Obradoro sociosanitario carballo_coida
Segunda fornada de prácticas de obradoiro dual de emprego Carballo Coida

O alumnado-traballador do obradoiro dual de emprego Carballo Coida, que está a formarse na atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, comezou coa segunda quenda de prácticas. Estarán ata o 21 de xullo traballando en dúas entidades diferentes para coñecer o traballo con persoas maiores, por unha banda, e con persoas con discapacidade, pola outra.

Trátase dun obradoiro moi ben enfocado, que cubre unha demanda laboral existente, xa que ante a falta de prazas nas residencias públicas e centros de día, os coidados aos nosos maiores é máis necesario que nunca. O alumnado sábeo e está con moitas gañas de incorporarse ao mercado laboral como comprobaba onte a comitiva municipal que visitou o Obradoiro.

O obradoiro, impulsado pola Concellaría de Formación e Emprego en coordinación coa de Igualdade e Benestar, conta cunha achega de 346.946 euros, e coa colaboración das seguintes entidades para a realización das prácticas por parte do alumnado: Asociación de pais de discapacitados psíquicos de Bergantiños (Aspaber), Asociación de familiares de enfermos de alzhéimer e outras demencias de Bergantiños (Afaber), Asociación Íntegro das persoas con diversidade funcional da Costa da Morte, Centro de día de persoas maiores Fogar de Bergantiños de Verdillo e Centro de día da Praza de Vigo.

Comentarios