Esta semana arrincan as Escolas de Familia de Vieiro

Comeza esta semana as sesións da Escola de Familia da Asociación Vieiro. Porque non existe un manual de instrucións para criar, a entidade quere axudar aos pais e nais a tratar a prevención, facendo sesións nas que se fai fiincapé no traballo de comunicació e afecto; autoestima, xestión de emocións; responsabilidades, resolucións de conflitos, disciplina positiva, coeducación, sexualiadde, adiccións ou mesmo técnicas de estudo.
Xa comezaron as sesións no Centro Social de Ramil – Rus en horario de 19:30 a 21:00 horas con periodicidade semanal.
Pero ademais dan comezo este xoves 12 de novembro as sesións semanais na actual sede de Vieiro, sita en R/ Xazmíns, Nº 2, cada xoves en horario de 17:30 a 19:00 horas e de 19:30h a 21:00h.
Darán comezo taméns sesións quincenais o luns 16 de 17:30 a 19:00h na sede actual, e os luns 23 e 30 na Casa da Xuventude a partir das 17:00.
A duración das escolas será ata o mes de Maio. As sesión teñen unha hora e media de duración.
Se algunha persoa está interesado/a en participar nalgunha escola, pode anotarse chamando á Asociación Vieiro ao teléfono 981756161 ou a través do Whatsapp 604075815 deixando o seu nome, número de teléfono e escola á que quere acodir.