Sábado. 10.12.2022
El tiempo

Senda Nova recupera o patrimonio inmaterial este inverno a carón da lareira

Inverno con Senda Nova
Inverno con Senda Nova
Senda Nova recupera o patrimonio inmaterial este inverno a carón da lareira

Ademais da pioneira Escola Ambiental, e xusto despois de rematar a campaña de Andainas de Outono, a entidade Senda Nova pon en marcha xa a VI edición do programa Inverno Ancestral.

Con lume, castañas, pan de ovo, tarta e licores, a entidade presentaba o programa ante unha trintena de persoas na Escola de Natureza, que trata de poñer en valor a cultura natural, poñendo o foco no patrimonio inmaterial.

Programa

cartel 6º inverno ancestral

Un dos grandes protagonistas será o documental “O Esforzo da Subsistencia”, realizado a partir das gravacións realizadas polas comarcas de Soneira e Bergantiños nas Historias de inverno da entidade.

Haberá conversas con Jesús Vázquez do Movemento en Defensa de Baldaio, Antonio Castro, investigador de Ferreira-Coristanco e Lois Guillín, veterinario do rural; durante os días venres 25 de novembro, o venres 30 decembro e o venres 13 de xaneiro, respectivamente.

Tamén volverá o Apalpador cunha serie de visitas polas escolas rurais carballesas na semana do 12 ao 16 de decembro.

novas relacionadas

comentarios