Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Senda Nova prepara un roteiro para coñecer a "Vía Alcaianus"

Senda Nova prepara un roteiro para coñecer a "Vía Alcaianus"
Senda Nova presenta hoxe en Couso o seu próximo roteiro Senda Nova presenta hoxe en Couso o seu próximo roteiro A asociación ambiental Senda Nova presenta hoxe, ás 20 horas, no local social de Couso - Coristanco - a ruta "Via Alcaianus". O roteiro, enmarcardo dentro do IV Outono en Marcha, discorre polos tramos da vía romana que abrangue os municipios de Carballo e de Coristanco e levarase a cabo o vindeiro domingo, 15 de novembro. Laura Mariño e Lorena Rojo son as encargadas de explicar os permenores da ruta e tamén informarán sobre como participar nesta andaina. Roteiro polas Terras do Marqués Setenta camiñantes participaron na ruta do pasado domingo polas Terras do Maqués Setenta camiñantes participaron na ruta do pasado domingo polas Terras do Maqués A pasada fin de semana, un grupo de 70 camiñantes participaron na ruta polas "Terras do Marqués" que tamén se enmarcan no programa do Outono en Marcha de Senda Nova. O roteiro comezou no pazo de Gontade, o máis antigo do concello de Carballo. A historia di que aqueles posuidores fidalgos estendían os seus dominios a noventa ferrados, que chegaban ata a Saleta de Silván. Tras o percorrido por estas terras, os camiñantes chegaron ata a igrexa de Ardaña mais pararon antes no cruceiro da parroquia que compite en importancia cultural coa propia igrexa. Próximo a este punto está un miradoiro dende o que se divisa a depresión meridiana. Para Evaristo, mestre en Zas e guía dos roteiros de Senda Nova, este é un dos accidentes xeográficos máis importantes do país. Os camiñantes puideron comprobar a súa teoría cando o terreo se puxo en costa e o val de Ardaña se contemplaba dende a aldea de Quintáns. O núcleo é un bo exemplo dunha aldea construída nun lugar ecoloxicamente perfecto para o aproveitamento das mellores terras de cultivo das agras máis baixas e o uso forestal das terras máis altas do monte da Peniqueira. O tercio é o lugar onde se asentan as poboacións máis antigas das parroquias de Ardaña, Rus e Entrecruces, unidas por unha senda e unha liña imaxinaria que une as tres igrexas. A pendente abriuse diante para subir á Peniqueira e para acoller ao animoso grupo de 30 rapaces e 4 monitores que forman a Escola Ambiental de Senda Nova e que estreaba ganas, ilusión e compromiso na súa primeira clase ao aire libre. Ós participantes sorprendeulles que enterraran os mortos tan arriba; xa que o alto da Peniqueira alberga dous dos túmulos funerarios que salpican a xeografía da Costa da Morte e moi cerca, no Coto do Castro, unha antiga aldea castrexa que recibe varios nomes segundo a parroquia dende onde se fale. O castro da Peniqueira ou de Martín Díaz fai divisoria entre Rus Ardaña e Artes,  lugar onde xa o antigo marqués de Vilardefrancos estendía os seus dominios. Un grupo de camiñantes mediron o perímetro do carballo de San Antón Un grupo de camiñantes mediron o perímetro do carballo de San Antón Antes de chegar ó pazo de Vilardefrancos, os camiñantes quixeron medir o perímetro do carballo milenario que está próximo á fortaleza. O carballo de San Antón ten dentro moitos anos e lendas adicadas  ao amor. Dende alí, a expedición chegou ó pazo de Vilardefrancos. "Cando un entra no seu recinto pode respirar osíxeno medieval que nace na súa torre, orixe dunha construcción fermosa e inmensa. Sen dúbida moito ten que ver o coidadísimo exterior que nos ensina cada ano Chema, unha desas persoas que demostra compromiso en cada viaxe que facemos ao  lugar e que nos abre e se pon a nosa disposición, en canto necesitamos  aprender todo este fermoso patrimonio", indican dende Senda Nova. As sobreiras do rego do Calvelo foron seguinte parada e a igrexa de Artes e o pazo das Pallas foro o punto e final da ruta polas "Terras do Marqués". Novas relacionadas   Fonte

Comentarios