Venres. 13.09.2024
El tiempo

Senda Nova presenta a ruta do volframio

Senda Nova presenta a ruta do volframio
Via alcaianus senda nova O domingo pasado un bo número de camiñante percorreron a "Vía Alcaianus" Esta noite, ás 20 horas, a escola unitaria de Oza acollerá a presentación do roteiro "Tras as pegadas do volframio" organizado pola asociación ambiental Senda Nova. Durante a presentación farase un repaso polos lugares e obxectivos deste percorrido que comeza na parroquia de Oza e cun inmenso valor cultural e paisaxístico. roteiro-senda-nova Éste é un roteiro que se enmarca dentro do 5º “Outono en Marcha”; un programa de roteiros no que se pon en valor a riqueza ambiental e cultural da Costa da Morte, e no que xa levan participado unhas 200 persoas durante esta edición. Precisamente este domingo tivo lugar o roteiro "Via Alcaianus" que discorre entre Carballo e Coristanco. Os camiñantes puideron comprobar a enorme riqueza da zona nos 19 quilómetros do percorrido.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios