“Son Carballo”, unha playlist de bandas carballesas

Maikel Pérez Castro pinchando na Barbería da Coruña

Elvis Negro, Aula 11, Apart, Tu Futura Ex Mujer, Franc3s, Chicharrón ou Xocaloma, forman a Playlist “Son Carballo” que acaba de publicar Maikel Pérez Castro en Spotify.

O picadiscos, que bota de menos a noite carballesa, vén de conformar esta pequena lista de temazos de grupos locais, para dar conta a creación que se fai na capital bergantiñá. A variedade das bandas ademais demóstrase na diversidade de estilos (dende o funk, ao punk, pasando polo pop e mesmo folk-tradicional) como da lingua (castelán, inglés e galego).

 

Máis información

Novas de música bergantiñá