Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Carballo

“Honest”, o segundo traballo da banda carballesa Apart

Este xoves presentouse na rede o segundo traballo de estudo da banda carballesa “Apart”. A nada liderada por Inés Blanco lanzou ese “Honest”, a primeira canción do novo proxecto, chamado “We Want It All”. Un álbum formado por singles individualizados que iremos coñecendo ao longo de 2021.

Apart, banda formada en 2013, está formado Inés Blanco, Robin Mallo, Daniel Barreiro, Fernando Lantes, Iago Pardiñas e Pedro Ramos, todos carballeses. Despois da publicación en 2014 do EP "Waiting So Long”, o confinamento permitiulles afondar nestes novos temas de indie-rock, dándolle un aire máis moderno aos sons dos 70.

”O álbum trata de poñer en valor todo o que nos une, incluso cando as circunstancias nos manteñen separados”, explica Pedro Ramos.

As sesións de gravación comezaron a mediados de 2020 nos estudios Nakra de A Coruña. Os temas foron masterizados por Robin Schmidt, que tamén traballou con coñecidas bandas como The Black Keys e Mumford & Sons, entre outros.

En xaneiro teremos o segundo bombazo, pero xa podedes disfrutar deste cálido Honest e visitar tamén o seu Spotify .

“Honest”, o segundo traballo da banda carballesa Apart