Martes. 01.12.2020
El tiempo

Ekocidio: "Se non soltaba Terra de Nordeste, quedaría dentro e me comería lentamente"

Ekocidio: "Se non soltaba Terra de Nordeste, quedaría dentro e me comería lentamente"

Se a semana pasada falabamos de Juan Vidal, esta semana imos de faro a faro en clave de hiphop galego, para falarmos de Ekocidio (@ekocidio_rap). O malpicán Borja do Burato sacaba este verán un tema que lle debía á súa terra.

Terra de Nordeste está dedicada a toda a nosa “xente dura como esparto”, para toda esa xente que marchou ao fondo do mar.

A música é para Borja unha liberación xa dende que aquela guitarra lle caeu nasmans aos 14 anos. Tocou hardcore en bandas como “13 hienas”, “Vomitodio”, “Olor a cadáver”…
Pero foi durante o paso dunha enfermidade vivindo en Chiapas (México), cando pillou o tifus por unha tortilla, cando en medio da febre compuxo o seu primeiro tema de rap. Era 2011. Anos despois, en 2016, realzou unha colaboración para un disco benéfico cos refuxiados de Grecia e aí xa enganchou cos música da rima. Como Ekocidio ten percorrido a península.

 
  • QPC: Como naceu este tema,Terra de Nordeste?

Terra de Nordeste é unha de tantas espiñas que quedan clavadas, e cun pouco de esforzo e a base de rascar, acaba saíndo. É un cúmulo de situacións e vivencias que conforman a miña vida.
Cando escribín este texto estaba pensando na niña infancia, por suposto, e no meu entorno máis próximo. Eu era un neno a principios da década dos 90, nun pobo de clase traballdora, concretamente nun pobo mariñeiro. Os anos do fraguismo, do tabaco, da heroína… tamén os anos das nais asaltando Pazos de narcotraficantes; os anos dese Superdepor de Lendoiro e Amancio Ortega, por certo moi sospeitosas as súas fortunas. Nese contexto de crecemento económico, nesa terra olvidada na que os fardos chovian polas nosas praias.

Terra de Nordeste xunta eses sucesos mezclado tamén con vivenzas máis positivas, e ao mismo tempo é unha síntese do que pode ser a miña vida, e o produto final.

Porque o escribín? Porque sentía que si non o soltaba, quedaba dentro e comiame lentamente. É unha forma de facer xustiza moral, unha autoterapia que en última instancia decido compartir.

 
  • QPC: Naciches en Malpica, pero pronto tiveches que emigrar, non?.

Bueno, vivín en Malpica ata os 18 de anos, e mesmo fun mariñeiro do cerco. Crecimos, na miña epoca, dous Borjas en Malpica. Un xa no está con nós.

Emigrei con moita pena a Segovia, aínda que a decisión foi ben tomada. Nese momento foi por oportunidades de traballo, no ano 2003, quería sair de ese círculo vicioso conformado por tantas e tantos galegos. 4 días no mar flotando, e 3 días en Terra rodeado de sustancias e poucas oportunidades de avanzar. Sempre quixen coñecer mundo, e así o fixen.

 
  • QPC: Onde vives actualmente?

Despois de moitas voltas polos dous hemisferios, e varios continentes, sentei o cú. Agora vivo nunha aldea de Toledo, preto a Madrid, concretamente en La iglesuela del Tietar. Un lugar fermoso, con similitudes a nosa terra pero sin mar.

Fai anos fundei cuns compañeirxs unha cooperativa agricola, de produción ecolóxica. Como proxecto encantoume esa experiencia, pero a nivel económico non funcionou, e agora son un autónomo que traballa para unha empresa dedicada a cultivos agrícolas.

 Ekocidio
Borja nunha foto máis actual
  • QPC: Como te afectou todo isto da pandemia? Tiñas proxectos musicais en marcha?

Tiña varias datas e unha xira por Argentina e Chile planeándose, pero leva un tempo parada esa idea. Ademais teño moitas bocas que manter, e crías que criar.Cando a situación sociopolítico mundial cambie un pouco (refírome ao Covid) seguramente volva os escenarios.

 
  • QPC: E pola terra?

Todos os anos boto unhas boas vacacións aí en Malpica, respirando a miña costa. A dar concertos voltarei cando se tranquilice todo, teño cousas pendentes.

 

Outro tema á Costa da Morte

Xa en 2018, Ekocidio publicaba un tema autoproducido inspirado na Costa da Morte.

 

comentarios