“Son Carballo”, unha playlist de bandas carballesas
09:05 20/01/21
Elvis Negro, Aula 11, Apart, Tu Futura Ex Mujer, Franc3s, Chicharrón ou Xocaloma, forman a Playlist “Son Carballo” que acaba de publicar Maikel Pérez Castro en Spotify.
O picadiscos, que bota de menos a noite carballesa, vén de conformar esta pequena lista de temazos de grupos locais, para dar conta a creación que se fai na capital bergantiñá. A variedade das bandas ademais demóstrase na diversidade de estilos (dende o funk, ao punk, pasando polo pop e mesmo folk-tradicional) como da lingua (castelán, inglés e galego).
Máis información
Novas de música bergantiñá
- Decembro 2020: “Honest”, o segundo traballo da banda carballesa Apart.
- Novembro 2020: Música e ciencia de sangue carballesa polas rúas de Madrid.
- Novembro 2020: Icía Varela e Arredores, desexando ir a Ortigueira.
- Outubro 2020: Ekocidio: "Se non soltaba Terra de Nordeste, quedaría dentro e me comería lentamente”.
- Outubro 2020: Juan Vidal volve ás súas raíces.
- Outubro 2020: Carlota Allo, a recanteira da Costa da Morte que está triunfando na TVG.
- Decembro 2018: Lou: “No Micro Aberto ten cabida calquera actividade artística que teña que ver coa arte, o respecto e o amor”.
- Decembro 2017: Aula 11 estrea videoclip.