Venres. 26.04.2024
El tiempo

Sufocan o incendio dun vehículo no centro de Carballo

incendio coche carballo 2
Sufocan o incendio dun vehículo no centro de Carballo

Eran as 4:30 desta pasada madrugada de mércores a xoves 24 de novembro, cando saltaba unha alarma no 112 polo incendio dun vehículo na Rúa Bos Aires, en Carballo.

Policía Local e e Bombeiros acodían ao lugar e comprobaban que un coche estaba en chamas e outro estaba comezando a queimarse xusto diante. Os Bombeiros de Casrballo actuaron con rapidez, e con 4.000 litros de auga e 10 de espumóxeno, extinguiron o lume e frearon o avance cara o segundo coche.

incendio coche carballo

O lume queimou por completo un vehículo (Peugeot 508) e afectou ao vehículo situado na parte dianteira (Citroen Nemo), queimando parte da porta traseira e a defensa. O vehículo estacionado antes do Peugeot, un Fiat 500, tamén resultou afectado pola radiación, quedando derretida a defensa dianteira e os faros.

Non se rexistraron danos persoais e descoñécese a orixe do lume.

Comentarios