Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Suso de Toro no Clube de Lectura do Foro Espiral Maior

FORO-DE-LECTURA-María-Casares (1)
Suso de Toro no Clube de Lectura do Foro Espiral Maior
O sábado, 25 de xaneiro, ás 12:00 h., terá lugar na sede de Espiral Maior Foro (Rúa do Sol, 34) unha sesión do Clube de Lectura que terá como centro de análise e consideración a novela “Un señor elegante”, obra literaria da que é autor Suso de Toro.

O Clube de Lectura de Espiral Maior Foro conta na actualidade con máis de 20 persoas inscritas e está aberto a novas incorporacións, facendo real, a través do exercicio da lectura, a frase constitutiva de Gustave Flaubert que se converte en lema do clube de lectura carballés: “Ler para vivir”.
As persoas interesadas en inscribirse e participar poden comunicalo a través do número de teléfono 628 690 573 ou no propio local da entidade.

Comentarios