Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os Sábados Literarios de Espiral Maior Foro reflexionan sobre o papel da cidadanía na encrucillada da guerra

DEBATE FILOSÓFICO EN CARBALLO Cidadanías democráticas na encrucillada da guerra
Os Sábados Literarios de Espiral Maior Foro reflexionan sobre o papel da cidadanía na encrucillada da guerra
Ademais da cita deste xoves co escritor arteixán Miguel Sande, a sede de Espiral Maior Foro (Rúa do Sol, 34) non para de albergar eventos.

O sábado, día 2 de xullo, ás 12:00 h., terá lugar un novo acto do ciclo “Sábados Literarios en Carballo”, no que, baixo o título “Cidadanías democráticas na encrucillada da guerra”, participarán os profesores e filósofos Luís G. Soto, Marta Serrapio e Miguel Ángel Martínez Quintanar.

"Partindo da necesidade de crear e activar espazos públicos independentes para a intervención filosófica, para o intercambio de ideas, para a exposición do coñecemento e para a participación aberta en coloquio, Espiral Maior Foro quere ser tamén “lugar de encontro” para o pensamento e a reflexión", explica o armadanzas Miguel Ángel Fernán Vello.

Por iso, nesta ocasión, estarán 3 filósofos a iniciaren a “conversa” sobre un tema de máxima actualidade: “Cidadanías democráticas na encrucillada da guerra”.

  • Marta Serrapio é profesora de Filosofía no ensino secundario, máster en Filosofía Teórica e Práctica pola UNED e ten diversas publicacións especializadas en Filosofía da Ciencia. Tamén traballa como fotógrafa e como deseñadora gráfica.
  • Miguel Ángel Martínez Quintanar é doutor en Filosofía pola USC e foi Premio Extraordinario de Doutoramento cunha tese sobre Gilles Deleuze. É autor de numeros libros e ensaios, entre eles, “Cidadanías. Lecturas e meditacións de Filosofía Política” (2019)
  • Luís G. Soto, tamén licenciado en Dereito, é doutor en Filosofía pola USC cunha tese sobre Roland Barthes e profesor titular de Filosofía Moral. Autor de numerosas obras con gran proxección internacional, entre os seus títulos figura o ensaio “Paz, guerra e violencia” (2003)

 

Novas relacionadas

Comentarios