As Atlánticas de Viki Rivadulla invaden o Espiral Maior Foro

Xa está, aberta ata o 9 de novembro, a exposición "Atlánticas. Mulleres do nordés” na Galería de Espiral Maior Foro de Carballo. Os espectaculares cadros das mulleres de Viki Rivadulla xa locen nun dos novos centros culturais de Bergantiños.
Esta pasada fin de semana celebrouse a inauguración, e a artista muxiá estivo acompañada polo poeta Miguel Mato Fondo e as poetas, Laura Pasandín e Teresa Ramiro.
O promotor Miguel Anxo Fernán Vello define á artista como “todo un paradigma de oficio artístico en acción e unha fonte crecente de potencia pictórica expresiva no figurativo e no simbólico: as súas mulleres "mariñeiras" son xa un "símbolo" en si mesmas”).
A exposición pode visitarse na Espiral Maior Foro de Carballo (Rúa do Sol, 34), de 11 a 14 h. e de 17 a 20:30 h.
Novas relacionadas
- Xuño 22: Viki Rivadulla: “É magnífico levar salitre e empoderamento a un lugar de tanta dor como o cárcere vello de Lugo”.
- Maio 22: Viki Rivadulla espalla as súas Carrexadoras a Malpica.
- Xaneiro 22: Viki Rivadulla leva a resistencia e liberdade das súas Mulleres Atlánticas a Fonseca.
- O Espiral Maior Foro convírtese tamén nunha Galería de Arte
- Diana Varela estrea os “Sábados Literarios” de Espiral Maior Foro.
- Espiral Maior Foro pon en marcha un "Clube de Lectura”.
- Miguel Anxo Fernán Vello impartirá un curso de poesía no Espiral Maior Foro.