Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Teletraballo e axudas directas, as peticións de sindicatos e oposición ao goberno carballés

Teletraballo para conciliar
Teletraballo e axudas directas, as peticións de sindicatos e oposición ao goberno carballés
Hoxe, o grupo da oposición Terra Galega, e o sindicato Alternativa lanzan novas propostas-críticas cara o grupo de goberno carballés.

Axudas directas

Por un lado, o voceiro de TEGA Andrés Eirís tómalle á palabra ao deputado nacionalista no Parlamento Galego Daniel Pérez, que lle pedia estes días a Feijoo axudas directas e urxentes para o sector da Hostalería. Estando totalmente dacordo (si que propón amplialas a outros sectores tamén castigados como empresas de ocio, cultura, deportes, turismo…) pídelle ao BNG que faga o propio no Concello de Carballo.

”O Alcalde dixo que as axudas directas de 1000 € non van a impedir que un negocio que vai pechar polo crise non peche, por iso en Carballo o programa estrela para paliar a crise as empresas de Carballo foi as axudas indirectas dos bonos de 30 €, calificados por Tega coma uns bonos nada solidarios, pois regalábase a mesma cantidade o maís pobre que o máis rico de Carballo”, sinala.
Lembra que as cifras de apuntados á campaña de bonos foi de 262 autónomos (dos máis de 2000 existentes), cando ás axudas directas do PEL Reactiva da Deputación superaron o medio millar.

De teletraballo

Non é a primeira vez que a Agrupación de traballadores A Alternativa pregunta sobre o teletraballo. En xuño lamentaban a ”oportunidade perdida” que nos brindou a pandemia “para implementar medidas que favorezan a conciliación”, lembrando ademais os Concellos deben ofrecer durante polo menos 3 meses a opción do teletraballo. En novembro volvían “demandar do goberno local e da representación sindical que se negociase de forma urxente a regulación do teletraballo”.

Agora, en plena terceira vaga, dende a Alternativa consideran que o “Concello de Carballo desaproveitou máis de medio ano para regular o teletraballo do seu persoal, e segue sen vérselle ningunha vontade a pesar de ser unha das medidas máis reclamadas no control da COVID”.

Nese sentido, “A Alternativa reclama ao goberno local de Carballo e á representación sindical que se deixen de excusas vacías e comecen a negociar, sen máis demora, un regulamento que determine a posibilidade de implantación do teletraballo na nosa administración local”.

Novas relacionadas

Comentarios