Sábado. 04.07.2020
El tiempo

”É unha oportunidade perdida para implementar o teletraballo e favorecer a conciliación”

A Alternativa lembra as campañas a favor da conciliación do propio BNG
A Alternativa lembra as campañas a favor da conciliación do propio BNG
”É unha oportunidade perdida para implementar o teletraballo e favorecer a conciliación”

Foi un dos Concellos máis preparados da comarca en materia de teletraballo. Aínda así non é suficiente e coa desescalada chegan as primeiras queixas por parte daqueles traballadores municipais que teñen cargas familiares, e que non teñen onde deixar aos seus [email protected]

Así o entende a agrupación de funcionarios/as A Alternativa, do Concello de Carballo, respecto do acordo para a reincorporación do persoal ao traballo presencial, considerando que “é unha oportunidade perdida para implementar e regular a opción do teletraballo naqueles postos en que puidera terse feito”.

A organización do traballo aprobada o pasado venres na Mesa de Negociación supón unha reincorporación total e absoluta ao traballo presencial, con data tope no 22 de xuño. Esta opción resulta estraña cando, xunto ao documento final aprobado, se incluían numerosos informes, e en todos eles se repetían unha e outra vez expresións como “sempre que sexa posible, se debe favorecer o teletraballo como medida organizativa”.

Para a Alternativa “non hai mellor prevención que a non exposición”, pero ademais a “conciliación” é unha necesidade para pais e nais con fillos/as a cargo, “con colexios que non retornan e opcións de conciliación de cara ao verán máis limitadas que nunca, ou con maiores dependentes que poidan estar atrapados/as nos problemas de apertura e funcionamento de residencias, atoparanse sen ningunha opcionalidade para organizar as súas vidas a partir do 22 de xuño, data final do proceso de reincorporación”.

Novas relacionadas

comentarios