Mércores. 23.10.2024
El tiempo

O TSXG confirma a condena imposta a un empresario de Carballo por non dar de alta a dez traballadores na Seguridade Social

poligono_bertoa
O TSXG confirma a condena imposta a un empresario de Carballo por non dar de alta a dez traballadores na Seguridade Social

A Sala do Civil e Penal do TSXG confirmou a sentenza da sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña que condenou a un ano e catro meses de cárcere a un empresario de Carballo por cometer un delito contra os dereitos dos traballadores ao contratar a dez persoas sen dalas de alta na Seguridade Social. O alto tribunal rexeitou, polo tanto, o recurso de apelación presentado pola defensa do condenado, no que discutía, entre outras cuestións, tanto a tipicidade como a autoría do delito.

Os maxistrados do TSXG consideran que existe proba suficiente, a cal foi obtida "con respecto ás garantías do dereito de defensa" e valorada "de forma racional" pola Audiencia Provincial. Ademais, engaden que o acusado "dirixía a actividade hostaleira, co persoal contratado de forma extraoficial". Por iso, entenden que a súa autoría "resulta evidente", polo que rexeitan exoneralo por non figurar como administrador da empresa, tal e como demandaba a súa defensa.

Comentarios