Mércores. 24.07.2019
El tiempo

Vieiro conciencia nas autoescolas do risco do perigo do binomio condución-consumo de droga

Vieiro conciencia nas autoescolas do risco do perigo do binomio condución-consumo de droga

As estatísticas sinalan que o consumo excesivo de alcohol e outras drogas é un factor que contribúe de forma decisiva ao incremento dos accidentes, sendo estes, a primeira causa de mortalidade entre os mozos/mozas/as entre 17 e 24 anos.

Ante esta realidade, a Asociación Vieiro dentro da súa programación oferta un programa preventivo xuvenil para levar a cabo nas autoescolas denominado, “Cambio de sentido”, que segue en marcha un ano máis. Este programa está destinado a mozos/as en proceso de obter o carnet de conducir tendo como obxectivo, concienciar ás/aos futuros condutores/as do risco que leva aparellado o binomio condución-consumo de drogas, polo que consideramos moi importante reducir comportamentos de risco relacionados co consumo de alcohol e outras drogas. axudar aos mozos/as que sexan conscientes dos riscos da condución baixo os efectos do alcohol e doutras drogas.

A intención é reducir o número de menores de 30 anos que falecen en accidentes de tráfico baixo a influencia do alcohol ou outras drogas.

Para cumprir estes obxectivos a Asociación Vieiro porá en marcha este programa nas autoescolas do concello de Carballo que colaboran de distintas formas na consecución deste programa, ben, a través do envío duns cuestionarios relacionados co consumo de sustancias e condución, como é o caso das Autoescolas Carballo e Carcopa, ou ben a través de sesións teóricas presenciais, como na Autoescola Benigno que terá lugar o martes día 9 de xullo ás 11:00 horas.

Asi mesmo Vieiro fará entrega ao alumnado participante no programa dun Manual de bolsillo: “Lévao contigo” e dun disco: “Contrólate se bebes” que contén a información relevante sobre a seguridade viaria e o impacto na mesma do consumo de alcohol e outras drogas.

Novas relacionadas

Estudos de Vieiro

Novas relacionadas

Comentarios