Sábado. 16.11.2019
El tiempo

Érguete abre en Carballo un Servizo de Orientación Laboral para persoas en proceso de excarceración

Aberto o Servizo de Integración laboral da Fundación Érguete en Carballo
Aberto o Servizo de Integración laboral da Fundación Érguete en Carballo
Érguete abre en Carballo un Servizo de Orientación Laboral para persoas en proceso de excarceración

Este venres, a Fundación Érguete Integración comeza a intervir en Carballo co seu servizo de Orientación Laboral. Unha actividade do programa Itinere, que se enmarca dentro do convenio de colaboración entre a entidade e o Servizo Galego de Saúde para o desenvolvemento de programas para a inserción sociolaboral de persoas en proceso de excarceración ou que finalizaron condena.

O servizo enmárcase dentro da necesidade que a Fundación Érguete detectou na súa intervención no Centro Penal de Teixeiro e o Centro de Inserción Social da Coruña, onde unha porcentaxe importante de persoas atendidas residía en Carballo e a súa contorna. O servizo pretende dar continuidade aos itinerarios personalizados de inserción que se deseñaron coas persoas usuarias no cumprimento da súa condena.

A entidade ratifica así o seu compromiso coa integración sociolaboral real, servindo de punto de apoio para aquelas persoas que, tras pasar un periodo da súa vida en prisión, comezan a súa reincoporación á vida cotiá a través do mercado laboral.

As técnicas de empleo responsables do servizo na Coruña e Carballo, Rosaura Romo Hernández e Ana Suárez Pérez, ofrecen ese punto de apoio, esa confianza, a usuarios que volven de prisión a un entorno que ten adoita ter o delito por costume, para poder facer un seguemento dos pasos necesarios para súa incorporación á sociedade aproveitando os recursos que ofrece a sociedade bergantiñá.

Servizo de Integracion laboral de Erguete en Carballo 2

O servizo levarase a cabo venres alternos en horario de 09:00 a 12:00 na sala de lectura cedida no Pazo da Cultura, grazas á intervención do departamento de Servizos Sociais do Concello de Carballo.

O inicio do servizo coincide co ano do 20 aniversario da Fundación Érguete que traballa desde 1999 facilitando a inserción sociolaboral aos colectivos en risco ou situación de exclusión social, estando desde entón a Presidencia á fronte de Carmen Avendaño.

Artigos relacionados

Comentarios