Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Catro concellos costeiros recibiron as distinción dos premios Vilas en Flor

O edil laracha recollendo o galardon de Vilas en Flor
O edil da Laracha José Ramón Martínez Barbeito recollendo o galardon de Vilas en Flor
Catro concellos costeiros recibiron as distinción dos premios Vilas en Flor

Representantes dos Concellos da Laracha, Carballo, Pontyeceso e Coristanco acodiron este pasado venres a Tomilño para recibir o recoñecemento Vilas en Flor 2023. Un premio outorgado pola Fundación Juana de Vega para poñer en valor o esforzo municipal na mellora e xestión sostible dos espazos verdes dos concellos.

Foron 38 os concellos recoñecidos nesta 6ª edición duns premios que teñen 4 notas. Só Allariz, Chantada e Tomiño recibiron a calificación de 4 Flores de Honra, mentres que A Laracha e Carballo recibrion 3 Flores de Honra, e Coristanco e Ponteceso, 2 Flores de Honra.

Enrique Saez Presidente do Patronato da Fundacion Juana de Vega
Enrique Sáez Presidente do Patronato da Fundación Juana de Vega

O acto de Vilas en Flor 2023 estivo presidido polo director do Instituto de Estudos do Territorio (IET), Enrique de Salvador, e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, xunto con Enrique Sáez, presidente da Fundación Juana de Vega, que recordou que Vilas en Flor tamén potencia a produción agrícola porque aumenta a demanda dos viveiros, un sector con moito futuro: “Galicia reúne moi boas condicións para o cultivo de plantas ornamentais”, recordou.

Vilas en Flor 2023

Comentarios