Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Unha visita escolar ao Xardín de Rosalía con Raiceira

Ruta guiada co ensino polo Dia de Rosalia Carballo
Unha visita escolar ao Xardín de Rosalía con Raiceira

O xardín de Rosalía, situado na beira do río Anllóns, é un dos centros arredor dos cales se van desenvolver as actividades do Día de Rosalía de Castro no Concello de Carballo.

Este ano, queren poñer en valor a figura de Rosalía de Castro desde un punto de vista teórico e artístico, implicando o alumnado de cuarto curso de Primaria nunha serie de actividades nas que contaremos coa participación do grupo musical Raiceira, formado por xente moza que non só ten inquedanza pola difusión da nosa música tradicional, senón tamén da lingua e da cultura galegas.

Con Marta Álvarez (voz e percusión), Manuel Lucas (voz e guitarra), Hadrián García (voz e clarinete) e Adrián Méndez (gaita), os nenos e nenas participarán nunha visita guiada de 45 minutos de duración, aproximadamente, polo Xardín de Rosalía.  Para a preparación previa da actividade enviarase a cada centro o material didáctico correspondente.

Esta proposta, impulsada desde a Concellaría de Normalización Lingüística, complementarase coas achegas dos propios centros educativos. O alumnado do CEIP Bergantiños, por exemplo, ilustrou a vida de Rosalía de Castro, e o venres, coa colaboración do servizo municipal de xardíns, os nenos e nenas colocaron as ilustracións no propio xardín.

Comentarios