Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Xuízo do Casino, visto para sentenza

Foto Casino e amigxs
Amig@s do Casino ás portas do Xulgado
O Xuízo do Casino, visto para sentenza

Celebrou se esta mañá de martes 12 de xullo a vista oral do xuízo pola propiedade do edificio do Casino 1889. Trala declaración de todos os axentes implicados, o xuízo queda visto para sentenza, pero non agardan que a xuíza emita o veredicto ata setembro, segundo nos confirma o avogado da Asociciación Cultural Casino 1889, Carlos Abal.

"Nós queremos ser optimistas pero o que nos din é que hai que esperar“, explica a presidenta Laura Méndez, mantendo a esperanza que amosaba na entrevista previa ao xuízo.

A situación segue no mesmo punto. A Asociación conseguía en tempo e forma, e gracias a unha marea de solidariedade, exercer o seu dereito de retracto depositando os 70.000 euros que pedía a propiedade, pero esta (a nome de Horta do Casino SL), que quere derrubar o simbólico edificio e construír unha promoción inmobiliaria, segue esixindo a esa xerada cantidade de 365.000 euros.

En calquera caso, todo o mundo espera que a xuíza faga prevalecer o valor social e cultural que ofrece este Casino por riba dosnintereses especulativos dunha empresa.

"Dende a Directiva do Casino queremos agradecer todo o apoio recibido durante este tempo por socias, socios e veciñanza. Foi esa forza a que nos axudou a superar estes meses de esperas e aprazamentos. Sentimos que se fixo todo o que estivo nas nosas mans para protexer o edificio e a continuidade da Asociación", sinalan os membros da entidade.
"A pesar de que a especulación inmobiliaria intente acabar co Casino, nós seguiremos loitando pola súa supervivencia porque, ao fin e ao cabo, o Casino é un lugar de Carballo para Carballo. Ao longo de todos estes anos, o Casino converteuse nun lugar moi importante para moita xente da vila. Non é só un punto de encontro interxeracional no que tecer vínculos, senón tamén un espazo de oportunidades para as novas xeracións que queiran desenvolver os seus proxectos culturais. O Casino é un espazo libre, coas portas sempre abertas e con ganas de apoiar e ser casa para iniciativas culturais. A Asociación do Casino consolidouse como un referente galego a nivel asociativo, realizando unha labor social que sería moi difícil de reemplazar", lembran, poñendo en valor un espazo con máis de 100 anos de historia.

Comentarios